DEPORTE

O novo campo de Rugby da USC acolle este sábado a primeira xornada do Campionato de España Sub-16 e Sub-18 de Rugby

24/01/2019

A concelleira de Deporte, Noa Morales, presentou este xoves os detalles do Campionato de España Sub-16 e Sub-18 de Rugby, que celebra a súa primeira xornada o sábado 26 de xaneiro en Compostela. Na rolda estivo acompañada do secretario da Federación Galega de Rugby, Javier Fernández; o delegado da Selección Galega sub-18 e vicepresidente da Asociación Valentes, Diego Pagnotta; o técnico de Deporte da USC, Miguel Magán, e os xogadores sub-18 e sub-16 da Selección Galega, Nacho Pagnotta e Sergio Pérez.

Ler máis

ALCALDÍA E TURISMO

Noriega presenta Santiago en Fitur reivindicando "un turismo que aporte valor engadido e permita manter a esencia da cidade"

24/01/2019

O alcalde reivindicou hoxe o papel de Santiago como "destino dun turismo de calidade, que aporte un valor engadido á cidade e que permita que Compostela non perda nunca a súa esencia e a súa identidade". Foi durante a presentación da capital galega en Fitur, a Feira Internacional de Turismo que se celebra en Madrid. Martiño Noriega incidiu en que "Compostela está plenamente consolidada como destino turístico, e os esforzos feitos nos últimos anos na promoción internacional da cidade están dando os seus...

Ler máis
Compartir: