ALCALDÍA

Martiño Noriega asistiu na praza do Obradoiro a un simulacro do programa "Acude e Axuda"

08/05/2017

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asistiu na praza do Obradoiro a un simulacro no que amosou o funcionamento do programa Acude e Axuda, de asistencia precoz á parada cardiorrespiratoria en lugares públicos por persoal voluntario acreditado no manexo de desfibriladores externos semiautomáticos (DESA). Nesta iniciativa colaboran o Sergas, a través da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Cruz Vermella e a Sociedade Española de Cardioloxía.

Ler máis

POLÍTICAS SOCIAIS

Área Central acolle a V edición do mercadiño solidario "Trócame-Roque"

08/05/2017

A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, presentou esta mañá a quinta edición do mercadiño solidario Trócame-Roque, que dende 2013 organiza a rede comunitaria de Fontiñas. Na rolda estivo acompañada de representantes das entidades que participan na organización do evento.

Ler máis

LINGUA

O alcalde pídelle aos participantes no Correlingua que "vivan e amen en galego"

08/05/2017

O alcalde participou este mediodía no acto celebrado na praza da Quintana como peche do Correlingua 2017. Na carreira participaron centos de estudantes de centros de ensino de Santiago e da súa área de influencia. Desta vez, a proba celebrouse co lema "En galego, sen cancelas". Martiño Noriega saudou aos participantes, aos que invitou a "vivir e amar en galego", e lembroulles que "dos mozos e mozas do país depende que teñamos mil primaveras máis para a nosa lingua".

Ler máis

EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Seguen as representacións no Principal do XXII Certame de Teatro Intercentros

08/05/2017

O Teatro Principal continúa acollendo as representacións dos grupos de Secundaria no XXII Certame de Teatro Intercentros. Este luns foi a vez do IES Pontepedria e dos dous grupos do IES Rosalía de Castro, tras abrir o certame o IES Eduardo Pondal o pasado 2 de maio. Este martes subirán ás táboas do Principal os grupos de teatro do IES Arcebispo Xelmírez I, do IES Antón Fraguas e do CPPI dos Dices de Rois.

Ler máis
Compartir: