DEPORTE

Máis de 150 tiradores e tiradoras competirán esta fin de semana no XI Open Compos de Esgrima

20/01/2017

A concelleira de Deporte, Noa Morales, e o presidente da Asociación Compostela Esgrima, Xosé Piñeiro, presentaron o XI Open Compos de Esgrima, que se celebrará esta fin de semana no pavillón de Pontepedriña. Esta proba, que reunirá a máis de 150 tiradores e tiradoras de Galicia e de diversos puntos de España, é puntuable para o Ranking Galego de Espada e para o Ranking Nacional de Espada e Florete.

Ler máis

TURISMO

Santiago recibe o premio Trivago ao destino con mellor reputación online

20/01/2017

A cidade de Santiago recibiu hoxe o premio ao destino con mellor reputación online, que entrega o buscador de prezos de hoteis Trivago. Foi nun acto celebrado no marco da Feira de Internacional de Turismo, Fitur, no que participaron o alcalde, Martiño Noriega; a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois; a xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil; a presidenta de Turismo de Galicia, Nava Castro; e a presidenta da asociación Hostalería Compostela, Sara Santos.

Ler máis

TURISMO

O alcalde e a concelleira de Turismo asisten a Fitur

20/01/2017

O alcalde e a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo visitaron hoxe a Feira Internacional de Turismo de Madrid, Fitur 2017. Martiño Noriega e Marta Lois recolleron para Santiago o premio Trivago ao destino con mellor reputación online e participaron en numerosas xuntanzas e presentacións ao longo da xornada.

Ler máis
Compartir: