ACCIÓN CULTURAL

A canción de concerto en Galicia, Cataluña e Euskadi protagoniza o XVII Ciclo de Lied

13/09/2016

Os lied galego, catalán e vasco serán os protagonistas da XVII edición do Ciclo de Lied, que se celebra este mes de setembro en Compostela e para o que o Concello contou coa colaboración da Asociación de Amigos da Ópera de Santiago. O programa foi presentado esta mañá pola concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, e o presidente e secretario da asociación, Jesús Couceiro e José María Miranda.

Ler máis

CONVIVENCIA E EDUCACIÓN

As medidas para evitar os atascos en La Salle esténdense á Escola Infantil de San Roque

13/09/2016

As concellarías de Medio Ambiente e Convivencia e de Educación veñen de mediar para que as nais e pais do alumnado da Escola Infantil de San Roque poidan estacionar de balde no aparcamento de La Salle por períodos máximos de 15 minutos, mentres deixan ou recollen aos seus fillos. Ao igual que no caso do Colexio La Salle, a medida ten como obxectivo evitar os atascos que se formaban na rúa, nos horarios de entrada e saída das aulas.

Ler máis

FACENDA

Remata o prazo de presentación de propostas de investimentos para os Orzamentos Participativos de Santiago de Compostela

13/09/2016

A un día do remate do prazo para presentar propostas (mañá mércores á medianoite), son xa 122 as ideas rexistradas na web dos Orzamentos Participativos de Santiago de Compostela: decide.santiagodecompostela.gal. Este venres 15, persoal técnico do Concello manterá o terceiro encontro co equipo dos OP para continuar avaliando se son propostas de investimentos de competencia municipal viables técnica e economicamente, non contraveñen ningunha lei e non superan por...

Ler máis

DEPORTE

Compostela será escenario en 2018 do Mundial de Xadrez en categorías inferiores

13/09/2016

Santiago será o escenario do Mundial Sub-8, Sub-10 e Sub-12 de Xadrez no ano 2018. Acordouno onte a Federación Internacional de Xadrez, FIDE, durante a asemblea xeral do seu 87º Congreso, celebrado en Bakú (Azerbaixán). A organización do evento corresponderalle á Federación Española de Xadrez, que propuxo Compostela para albergar este evento.

Ler máis
Compartir: