ESPAZOS CIDADÁNS

Suspendida a concesión de licenzas para novos establecementos hoteleiros na zona vella por un máximo de dous anos

28/11/2016

O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade compareceu hoxe en rolda de prensa para explicar a modificación puntual do Plan Especial da Cidade Histórica que foi aprobada inicialmente na Xunta de Goberno do pasado venres. Jorge Duarte explicou que o obxectivo último do cambio é "frear a proliferación de establecementos de hotelería, nas súas diferentes tipoloxías, e fomentar o uso residencial da zona vella de Compostela".

Ler máis

TURISMO

Compostela promociónase como destino de congresos na IBTM World

28/11/2016

Turismo de Santiago, a través do seu servizo para a promoción da cidade como destino de congresos, xornadas e incentivos, o Santiago de Compostela Convention Bureau, participa na IBTM World, a feira máis importante do sector congresual no mercado español, que se celebra en Barcelona entre o 29 de novembro e o 1 de decembro.

Ler máis

CONSORCIO

Un violín de 1736 soará nos concertos desta semana da Real Filharmonía de Galicia

28/11/2016

A Real Filharmonía de Galicia ofrecerá dous concertos esta semana. O primeiro terá lugar o mércores 30 en Vigo, no Teatro Afundación, ás 20:30 horas. E, ao día seguinte, a orquestra tocará na súa sede, o Auditorio de Galicia, tamén ás 20:30 horas, no marco das Xornadas de Música Contemporánea, como concerto de clausura das mesmas. En ambas as actuacións levará a batuta o director cántabro Jaime Martín.

Ler máis

ALCALDÍA

O alcalde asiste á inauguración da mostra sobre o Mestre Mateo no Museo do Prado

28/11/2016

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste hoxe no Museo do Prado á inauguración da exposición sobre o Mestre Mateo organizada pola Real Academia Galega de Belas Artes e a Fundación Catedral, en colaboración coa Consellería de Cultura, Turismo de Galicia, a Deputación da Coruña, e o Consorcio de Santiago. É a primeira vez que o museo madrileño lle dedica unha exposición a un autor galego.

Ler máis
Compartir: