ALCALDÍA

En marcha as actividades da Rede de Cooperación Local 2011

27/04/2011

O alcalde de Santiago presidiu o primeiro encontro da Rede de Cooperación Local neste ano 2011. No marco deste encontro tivo lugar a conferencia "Que teñen en común Inditex, Ikea e Dell e podemos utilizar mañá nas nosas empresas?", a cargo do relator Manuel A. Castro Hermida, enxeñeiro superior industrial. Universidade de Vigo. Programa de Alta Dirección, Escola de Negocios Caixanova. A conferencia versou sobre os sistemas de xestión da cadea de subministro na empresa para poñela ao servizo do cliente. Esta...

Ler máis

CONSORCIO

A Catedral será a protagonista da quinta edición do Compostela Organum Festival

27/04/2011

A quinta edición do Compostela Organum Festival, organizado polo Consorcio da Cidade de Santiago, regresa un ano máis, nesta ocasión da man do programa do 800 Aniversario da Catedral de Santiago. Unha vez rematado o Festival de Músicas Contemplativas, as igrexas do casco vello compostelán volverán ser escenario de concertos, esta vez cos seus órganos como protagonistas.

Ler máis
Compartir: