TURISMO

Santiago(é)tapas regresa este xoves con 59 tapas a concurso

09/11/2021

O certame volve tras ter que suspenderse en 2020 pola pandemia con 59 tapas a concurso e tamén 23 cócteles. Ademais, estréase unha nova ruta veggie con opcións para persoas vexetarianas, veganas ou flexitarianas. Os detalles foron presentados en rolda de prensa poloo concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte; a xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil, e o presidente da Asociación Hostalaría Compostela, Thor Rodríguez.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Volven as Xornadas de Ilustración Urbana cunha fórmula mixta, en liña e presencial

09/11/2021

A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, presentou esta mañá na sala de prensa do Concello a sexta edición das Xornadas de Ilustración Urbana, acompañada da coordinadora das xornadas, Gemma Sesar. Este evento conta co apoio da Deputación provincial da Coruña e o deputado de cultura, Xurxo Couto, estará presente na xornada inaugural que será sábado 13 ás 16.30h no Auditorio de Galicia.

Ler máis

ALCALDÍA

Asinados dous convenios cos colexios de Economistas da Coruña e de Avogados de Santiago, que teñen por obxecto facilitar a tramitación administrativa co Concello

09/11/2021

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado da concelleira de Economía, Facenda e Modernización da Administración Local, Marta Abal, asinou dous convenios de colaboración para o establecemento dun sistema de colaboración da administración tributaria entre o Concello de Santiago e os colexios de Economistas da Coruña, e de Avogados de Santiago. Segundo explicou Marta Abal, estes convenios "supoñen un avance máis no proceso de facilitar ás diferentes persoas usuarias dos servizos...

Ler máis

DEPORTES

O campo de fútbol do Sergas levará o nome de Suso Moure

09/11/2021

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, visitou esta tarde o campo de fútbol do Sergas, acompañado da concelleira de Deportes, Esther Pedrosa. O rexedor anunciou que o recinto deportivo levará o nome de Campo de fútbol Pena María-Suso Moure.

Ler máis
Compartir: