ACCIÓN CULTURAL

Cineuropa inaugura unha nova etapa como Festival competitivo na súa 35ª edición

03/11/2021

Un xurado profesional outorgará o primeiro premio Novas/os Cineastas ao que concorren unha ducia de filmes; e que se une á selección do Xurado Novo e ao Premio do Público que completan o palmarés do festival. A actriz Verónica Forqué e os cineastas Nadav Lapid e Alberte Pagán recibirán os Premios Cineuropa desta edición, que retoma o Maratón e ofrecerá máis encontros con cineastas que nunca

Ler máis

URBANISMO

O Plan de Recuperación do Goberno Central permitirá, segundo sinalou o alcalde, ampliar e reforzar as políticas de vivenda en Santiago

03/11/2021

A oficina de Cidade Histórica e Rehabilitación do Concello de Santiago, foi hoxe escenario da presentación das actuacións en materia de vivienda que financiará o Goberno de España con fondos do Mecanismo Europeo de Rehabilitación. No acto estiveron presentes o alcalde compostelán, Xosé Sánchez Bugallo; o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, quen anunciou unha primeira transferencia de 67,2 millóns de euros á Xunta para impulsar a rehabilitación de 3.000 vivendas en Galicia; a...

Ler máis

TURISMO

O Palacio de Congresos acolle do 7 ao 9 de novembro Fairway, o Fórum do Camiño de Santiago, que aspira a congregar a máis de 4.500 visitantes

03/11/2021

O concelleiro de Presidencia, Relacións Institucionais e Turismo do Concello de Santiago, Sindo Guinarte, participou hoxe na presentación da cuarta edición de Fairway, que aspira a igualar ou mesmo superar as cifras de visitantes rexistradas na edición de 2019. Así, desde a organización do Fórum do Camiño de Santiago, no que colabora o Concello, esperan que máis de 4.500 persoas se acheguen entre os días 7 e 9 de novembro ao Palacio de Congresos para participar nalgunha das actividades deste evento.

Ler máis

EDUCACIÓN

Celebración do Magosto e do Samaín nas Escolas Infantís Municipais

03/11/2021

A Rede de Escolas Infantís Municipais do Concello de Santiago de Compostela, integrada polos centros de Conxo, Fontiñas e Meixonfrío- Salgueiriños organizaron, dentro da súa programación anual, as actividades relacionadas co Magosto e co Samaín, nunha semana na que as escolas permaneceron "terrorificamente" decoradas.

Ler máis
Compartir: