MEDIO AMBIENTE

O Concello e Compostela Inserta poñen en marcha a campaña de concienciación ambiental "E ti, onde o botas?"

24/11/2021

O Concello de Santiago de Compostela, en colaboración con Urbaser e a través da empresa de inserción laboral Compostela Inserta EIL, pon en marcha a campaña de sensibilización cidadá "E TI, ONDE O BOTAS?" co obxectivo de darlle unha maior visibilización aos diferentes lugares habilitados para desbotar os residuos xerados nos fogares da cidadanía compostelá mediante accións informativas e formativas. Presentárona en rolda esta mañá a concelleira de Medio Ambiente, Mila Castro; o coordinador de...

Ler máis

EDUCACIÓN

Microconcertos polo Día Internacional da Música

24/11/2021

A Escola Municipal de Música está a celebrar durante esta semana -do 22 ao 25 de novembro -uns microconcertos para conmemorar o Día Internacional da Música, cuxa efeméride é o día 22 pero que fan extensivo a toda a semana. Diferentes espazos da sede da Escola de Música serven de escenario ás distintas actuacións.

Ler máis

ECONOMÍA

As modificacións da ordenanza de xestión, que mañá irán a pleno, introducen o pago fraccionado de ata nove cotas en distintos tributos municipais

24/11/2021

A concelleira de Economía, Facenda, Persoal e Modernización da Administración Local, Marta Abal, informou hoxe sobre as modificacións na "Ordenanza 0.00 xeral de xestión, recadación e inspección dos tributos e doutros ingresos de dereito público", que introduce o pago fraccionado de ata nove cotas de distintos tributos. Estas modificacións levaranse Ao pleno ordinario que se celebrará mañá, xoves.

Ler máis
Compartir: