XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno Local acorda o inicio da tramitación do Plan parcial do SUND-4 de Rebordaos

02/11/2021

A Xunta de Goberno Local acordou hoxe remitir á Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental a solicitude de inicio do procedemento de avaliación ambiental estratéxica simplificada do Plan parcial do SUND-4 (Rebordaos), na contorna do polígono do Tambre. Son, segundo explicou o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, máis de 164.000 metros cadrados, dos que uns 5.000 serán para equipamentos, e 113.000 para zonas verdes e "espazos libres".

Ler máis
Compartir: