MEDIO AMBIENTE

Mila Castro destaca, nas xornadas "Axenda, producción e consumo responsable", a aposta do Concello polo fomento de prácticas sostibles e de responsabilidade social e medioambiental

18/11/2021

A concelleira de Políticas Sociais e Saúde, e de Medio Ambiente, Mila Castro, inaugurou hoxe a xornada "Axenda, producción e consumo responsable", organizada por Radio Galicia-Cadena SER. A concelleira recordou que ese é "un dos obxectivos máis transversais da Axenda 2030, xa que persegue o tránsito dos modelos produtivos e de consumo clásicos cara outros máis sostibles que nos levarían incluso a poder conseguir o obxectivo un, que non é outro que o fin da pobreza".

Ler máis

EMPREGO

O alcalde de Santiago reivindica o valor do talento e da innovación na inauguración do Foro Talentia Summit 2021

18/11/2021

O edificio Fontán da Cidade da Cultura acolleu esta mañá o Foro Talentia Summit 2021, que inauguraron o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo; a ministra de Educación e Formación Profesional, Pilar Alegría; e o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo. Nesta edición de Talentia Summit combínanse os formatos presencial, para o Foro, e online, para a Feira, que se desenvolve paralelamente do 15 ao 26 de novembro.

Ler máis

EDUCACIÓN

Marina Gibert recolle o premio Compostela para álbums ilustrados, nun acto celebrado no Pazo de Raxoi no que se destacou a "brillantez e orixinalidade" de "Selva"

18/11/2021

A ilustradora catalá Marina Gibert recibiu hoxe, nun acto celebrado no Pazo de Raxoi, o "Premio internacional Compostela para álbums Ilustrados 2021", convocado polo Concello de Santiago en colaboración coa editorial Kalandraka; e dotado con 9.000 euros. Foi pola súa primeira obra, "Selva", que o xurado cualificou como "unha metáfora da memoria, unha "obra brillante e orixinal, de gran riqueza cromática".

Ler máis
Compartir: