DEPORTE

Área Central acolle este sábado a terceira edición do Torneo de Xadrez "Cidade de Santiago"

11/09/2019

A concelleira Noa Diaz presentou o III Torneo de Xadrez "Cidade de Santiago", que se celebrará este sábado, 14 de setembro, no Centro Comercial Área Central. A inscrición está aberta ata este xoves, 12 de setembro, a través da dirección de correo electrónico torneosexc@gmail.com. Xa hai máis de 140 participantes confirmados/as e a organización agarda alcanzar preto de 200 xadrecistas.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Visitas guiadas, conferencias e danza na segunda edición da Semana do Patrimonio Invisible

11/09/2019

A Semana do Patrimonio Invisible celebra a súa segunda edición do 18 ao 22 de setembro, ofrecendo 26 visitas a espazos que habitualmente están pechados ao público, e acollendo tamén A Noite do Patrimonio, do Grupo Cidades Patrimonio de España. Todas as actividades son de balde, sen ben para as visitas guiadas é preciso inscribirse, xa que serán en quendas pechadas de 15 persoas cada unha.

Ler máis

ALCALDÍA E EDUCACIÓN

Normalidade no inicio do curso escolar en Santiago

11/09/2019

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Educación, Noa Díaz, inauguraron o curso escolar 2019/2020 cunha visita ao CEIP Quiroga Palacios. Acompañados da directora do centro, Olga Raíces, percorreron varias aulas de primaria e infantil e achegáronse ata o novo parque de xogos. Tanto o rexedor como Noa Díaz destacaron a normalidade coa que comezaron as clases.

Ler máis

CONSORCIO

O Consorcio de Santiago concede 18 axudas para mellorar o mantemento exterior e a eficiencia enerxética dos inmobles da cidade histórica

11/09/2019

O Consorcio de Santiago resolveu a convocatoria de axudas do programa Ter é manter, dirixido ao mantemento e mellora da eficiencia enerxética da envolvente exterior dos edificios da cidade histórica de Santiago. Esta subvención abrangue as fachadas exteriores ou patios interiores, cubertas, canlóns e baixantes, carpinterías e galerías de madeira, portas de entrada aos edificios e reixerías dos inmobles situados no ámbito do Plan Especial de Protección e Rehabilitación da Cidade Histórica.

Ler máis
Compartir: