ACCIÓN CULTURAL

Os Monicreques de Kukas celebran o seu 40 aniversario coa estrea de "Arlequina" no Principal

26/03/2019

Os Monicreques de Kukas celebran o seu 40 aniversario como compañía e fano estreando Arlequina no Teatro Principal. Será este xoves 28 de marzo, ás 20:30 horas, e repetirán función para público familiar o venres 29 e o sábado 30, neste caso ás 18:30 horas. Así o presentaron esta mañá a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra; o director de Agadic, Jacobo Sutil; e Isabel Rei e Marcelino de Santiago, Kukas, da compañía.

Ler máis

CENTROS CÍVICOS

O Centro Cívico do Castiñeiriño acolle un campamento urbano de Semana Santa coa música africana como fío condutor

26/03/2019

O Centro Cívico Agustín Bueno do Castiñeiriño acollerá os días 15, 16 e 17 de abril un campamento urbano dirixido a nenos e nenas nacidos entre 2006 e 2007, e que terá a música como eixo condutor. A concelleira de Centros Cívicos, Concha Fernández, presentou hoxe o programa, que ten aberto o prazo de inscrición ata o 10 de abril.

Ler máis

CONSORCIO

A Casa do Cabido acolle unha exposición de fotografías protagonizadas polas mulleres do Mercado de Abastos de Santiago

26/03/2019

A Casa do Cabido acolle a exposición Elas, retrato dun mercado, que reúne instantáneas realizadas polo fotógrafo Manuel Blanco ás mulleres do Mercado de Abastos de Santiago. A mostra está impulsada polo Consorcio de Santiago e as concellarías de Acción Cultural e Mercados do Concello de Santiago. Esta mañá inaugurábaa o alcalde e presidente do Consorcio da cidade, Martiño Noriega. Ao acto asistiron, ademais do propio fotógrafo, a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra; a...

Ler máis
Compartir: