XUNTA DE GOBERNO

O Goberno local adxudica seis novos postos da Nave 5 da Praza de Abastos

26/05/2017

A Xunta de Goberno aprobou este venres a adxudicación do uso de seis novos postos da Nave 5 da Praza de Abastos, en concreto dos locais 2, 3, 4, 5, 9 e 10. Deste xeito, pasan a estar ocupados sete dos dez postos do recinto. O alcalde, Martiño Noriega, mostrou o seu convencemento de que "de cara ao verán, os locais da Nave 5 estarán adxudicados na súa totalidade, porque consta o interese de varias persoas para ocupar os tres postos aínda baleiros".

Ler máis

CONVIVENCIA

A Policía Local inicia unha campaña informativa sobre o uso correcto dos sistemas de retención infantil

26/05/2017

O Departamento de Seguridade Viaria da Policía Local pon en marcha unha nova campaña de concienciación, desta vez para informar do uso correcto dos Sistemas de Retención Infantil. O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, explicou que "aínda que a inmensa maioría das nais e pais utilizan as cadeiras específicas para levar aos seus fillos e fillas nos vehículos, aínda son moitos os que non as usan do xeito máis acaído" . Na presentación da campaña, o edil estivo acompañado...

Ler máis

MERCADOS

O Mercado de Abastos acolleu a conferencia "Sen conservantes nin colorantes"

26/05/2017

Gemma Sesar e Joaquín González Dorao, autora e ilustrador da Guía Ilustrada da Praza de Santiago de Compostela foron os protagonistas do acto central da celebración da campaña Quere o teu mercado en Santiago de Compostela, coa conferencia que impartiron na Aula Gastronómica da Praza de Abastos. A autora compartiu coas persoas asistentes as súas lembranzas e vivencias como asidua usuaria da Praza dende a súa nenez, mentres Joaquín González elaborou en directo unha ilustración do mercado.

Ler máis

ALCALDÍA

Marta Lois e Xan Duro visitan o Mercado Eco da praza Roxa

26/05/2017

A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, e o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, achegáronse esta mañá á praza Roxa para visitar o Mercado Eco que estará aberto ata o domingo 28 de maio.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

Aprobadas as normas de seguridade para as cacharelas de San Xoán

26/05/2017

A Xunta de Goberno aprobou hoxe as normas de seguridade para a celebración das cacharelas de San Xoán tanto en espazos públicos como privados. Estas normas fanse extensivas á celebración de cacharelas durante todo o mes de xuño, sexa a noite do 23 ou calquera outro día. A celebración das cacharelas/sardiñadas na vía pública está suxeita á corresponde autorización. As que se desenvolvan en terreos de propiedade privada deberán presentar comunicación previa da actividade.

Ler máis

ALCALDÍA

O alcalde recibe os xornalistas Ignacio Ramonet e Ramón Chao

26/05/2017

O alcalde recibiu hoxe no Pazo de Raxoi a Ignacio Ramonet e Ramón Chao, dous grandes nomes do xornalismo nacidos en Galicia e asentados en Francia. Na xuntanza con Martiño Noriega tamén participaron a muller e o fillo de Chao, e o xornalista Moncho Paz.

Ler máis
Compartir: