MEDIO AMBIENTE

O CIAC programa en maio unha exposición e unha xornada divulgativa sobre a contaminación luminosa

02/05/2017

O Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (CIAC), situado en Belvís, dedicará o mes de maio á crecente problemática medioambiental da Contaminación Luminosa, a través dunha interesante exposición temporal e dunha xornada de divulgación que incluirá un obradoiro para nenas e nenos e unha charla coloquio para as persoas adultas. Rematará o mes cun dos habituais itinerarios interpretativos, nesta ocasión polas Brañas do Sar.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Varios espazos da cidade acollen do 4 ao 7 de maio a segunda edición do "Imperdible. Festival de Impro de Galicia"

02/05/2017

Este martes foi presentada na Casa do Concello, a segunda edición do Imperdible. Festival de Impro de Galicia nunha rolda de prensa na que participaron a primeira tenente de alcalde, María Rozas; o director do Festival, Antón Coucheiro; e Alfonso Medina e Sandra Varela, organizadores do mesmo. O evento celébrase do 4 ao 7 de maio en diversos espazos de Compostela organizado pola compañía The Momento Impro e co obxectivo de reivindicar a improvisación como ferramenta de traballo creativo e como xénero puxante en todas as...

Ler máis

POLÍTICAS SOCIAIS

Máis de 300 persoas participarán nos XVIII Xogos de Atletismo organizados por Special Olympics Galicia

02/05/2017

A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, presentou esta mañá os 18º Xogos de Atletismo para persoas con discapacidade intelectual, organizados por Special Olympics Galicia. Na rolda de prensa estivo acompañada do presidente desta entidade, Eladio Fernández; do seu secretario, Javier García; e dun dos atletas que participará nos Xogos, Jesús Cabo.

Ler máis

CONSORCIO

Últimos días para solicitar as axudas á rehabilitación dos elementos especiais de madeira e reixas nos inmobles da cidade histórica

02/05/2017

O Consorcio de Santiago vai destinar 150.000 euros en axudas para a rehabilitación de carpinterías de madeira e reixas dos inmobles situados no ámbito do Plan Especial de Protección e Rehabilitación da Cidade Histórica. Con esta iniciativa búscase mellorar a eficiencia enerxética das vivendas, co consecuente aforro económico para os cidadáns, xunto co seu illamento acústico. O prazo para solicitar estas axudas remata o vindeiro luns, 8 de maio.

Ler máis
Compartir: