ALCALDÍA

Martiño Noriega reitera a necesidade de manter os vencellos da colectividade galega no exterior coas súas raíces

05/08/2016

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, recibiron unha delegación do Centro Galicia de Bos Aires e do Instituto Argentino-Gallego "Santiago Apóstolo". Esta visita institucional devolvía a realizada polo rexedor municipal en abril á capital arxentina con motivo da presenza de Santiago como cidade convidada na Feira do Libro de Bos Aires.

Ler máis
Compartir: