FESTAS

A cultura africana chega ás festas do Apóstolo da man do coro Saint Luc Banabakintu

28/07/2016

A praza da Quintana acolleu este mediodía unha actuación do coro Saint Luc Banabakintu, incorporada á programación das festas do Apóstolo da man da Concellaría de Políticas Sociais. A titular deste departamento, Concha Fernández, e a responsable de Acción Cultural, Branca Novoneyra, presentaron a actuación nunha rolda de prensa na que tamén participaron o director do coro, chegado de Costa do Marfil, e o presidente da ONG Égueire, Desiré Kouakou Tanoh.

Ler máis

FESTAS

As festas do Apóstolo volven enxalzar o traxe galego dedicándolle unha xornada

28/07/2016

O próximo sábado, 30 de xullo, será o Día do Traxe Galego nas festas do Apóstolo. Un ano máis, a celebración será posible grazas á colaboración entre o Concello, a Asociación do Traxe Galego e El Corte Inglés, patrocinador da xornada. A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra; a presidenta da Asociación do Traxe Galego, Pilar Astray; e o xefe de operacións de El Corte Inglés, Ángel Quijada, presentaron hoxe en rolda de prensa os detalles do evento.

Ler máis

FESTAS

Nik West e Mambo Jambo no Apóstolo 2016

28/07/2016

As festas do Apóstolo entran na súa recta final, pero mañá aínda vivirán unha das noites máis agardadas da programación, co concerto de Nik West e Mambo Jambo na praza da Quintana. Será partir das dez da noite, con entrada libre.

Ler máis

FESTAS

O público aclamou a Real Filharmonía de Galicia no seu concerto da Quintana

28/07/2016

A Real Filharmonía de Galicia e a Banda Municipal de Música foron as protagonistas, este xoves, da programación das festas do Apóstolo. Despois de que a Banda tocara no Toural, a orquestra, dirixida polo mestre titular, Paul Daniel, subiu ao escenario da praza da Quintana para celebrar un concerto que recibiu a aclamación do público.

Ler máis
Compartir: