FESTAS

As festas do Apóstolo, escenario do I Encontro Internacional en torno á cultura xamaicana e o movemento Sound System

21/07/2016

O vello colexio Ramón Cabanillas, no Castiñeiriño, acollerá o sábado o I Encontro Internacional en torno á cultura xamaicana e o movemento Sound System celebrado en Galicia. O evento Compostela Dub 2016, enmarcado nas festas do Apóstolo, está promovido pola Asociación Cultural MaisLume e financiado ao abeiro do proxecto piloto de Orzamentos Participativos na área de Mocidade.

Ler máis

FESTAS

Europlá promete "a maior intensidade pirotécnica na historia dos Fogos"

21/07/2016

O alcalde, a concelleira de Acción Cultural, e o representante da empresa Focs d´Artifici Europlá, José Gallart, presentaron hoxe en rolda de prensa o espectáculo audiovisual e pirotécnico do que poderemos gozar na noite do 24 de xullo. Martiño Noriega lembrou que esta será a primeira vez na que esta empresa valenciana teña "a responsabilidade de desenvolver esta montaxe, que ten unha proxección que vai moito máis alá de Compostela e que por iso ten que estar á altura da tradición e do que a...

Ler máis

PLENO

A Corporación acorda ampliar os usos dunha parcela en Conxo para executar o aparcadoiro provisional en superficie do barrio

21/07/2016

O Pleno do Concello acordou a ampliación dos usos dotacionais autorizados na reserva de equipamento deportivo no SUP-4 de Conxo co obxectivo de implementar un aparcadoiro en superficie de forma provisional mentres o Sergas non proceda a construír o que sería o centro de saúde do barrio, unha reivindicación na que coinciden todos os grupos da Corporación.

Ler máis

FESTAS

Circo e baile na axenda festiva deste venres

21/07/2016

Despois do éxito que tivo o ano pasado, este venres celebrarase unha nova gala do circo dentro das festas do Apóstolo. Circompostela 2016 comezará ás dez e media da noite no parque de Belvís.

Ler máis
Compartir: