POLÍTICAS SOCIAIS

Unhas 150 familias accederán ás piscinas de Sar de forma gratuíta durante o verán

19/07/2016

A concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, presentou esta mañá o Proxecto de Promoción do Acceso aos Recursos Municipais, que ten como obxectivo "favorecer o acceso a determinadas instalacións ou programas municipais cando o seu custo sexa un impedimento para determinadas familias". Isto permitiralles ademais mellorar a súa calidade de vida e que un total de 150 familias e máis de 400 persoas poidan gozar piscina de Sar durante os meses de xullo, agosto e a primeira quincena de setembro.

Ler máis

TURISMO

O sector turístico de Santiago vivirá o seu mellor verán dende o Ano Santo 2010

19/07/2016

A concelleira de Turismo, Marta Lois, fixo no Pazo de Raxoi unha valoración dos datos turísticos da cidade do primeiro semestre e presentou as previsións que se manexan dende Turismo de Santiago para a temporada de verán e para o conxunto do ano. Marta Lois estivo acompañada da nova xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil, quen perfilou os obxectivos e os grandes ámbitos de traballo da entidade de promoción turística da cidade para os vindeiros anos.

Ler máis

FESTAS

As festas do Apóstolo, no documental de Carles Bosch sobre a figura de Petitet

19/07/2016

Dentro da programación das festas do Apóstolo, esta noite actuarán na praza da Quintana Petitet e a súa Orquesta Sinfónica de Rumba del Raval. Ese concerto, de entrada libre, formará parte do documental que Carles Bosch está gravando sobre a figura de Joan Ximénez, Petitet, fillo do que fora palmeiro de Peret e auténtico persoeiro xitano do barrio barcelonés do Raval.

Ler máis

CONVIVENCIA

Máis de 400 vehículos inspeccionados na última campaña de control das condicións técnicas do vehículo feita pola Policía Local

19/07/2016

Un total de 421 vehículos foron controlados pola Policía Local de Santiago durante a última campaña de vixilancia e control de condicións técnicas, no marco da campaña impulsada pola Dirección Xeral de Tráfico a nivel estatal do 11 ao 17 de xullo. En concreto, foron inspeccionados 353 turismos, 21 motos/ciclomotores, dous autobuses e 45 vehículos de mercadorías.

Ler máis

CONSORCIO

O Consorcio restaurará o retablo da Virxe da Dolorosa da igrexa de San Miguel dos Agros

19/07/2016

O Consorcio de Santiago acaba de adxudicar a restauración do retablo da Virxe da Dolorosa da igrexa de San Miguel dos Agros, situada na praza homónima, á empresa Techne, Conservación e Restauración de Bens Culturais, S. C. O orzamento global desta intervención ascenderá aos 30.362,53 euros e os traballos terán un prazo de execución previsto de tres meses.

Ler máis
Compartir: