XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno Local aproba a nova ordenanza Compostela +

03/06/2016

A Xunta de Goberno aprobou hoxe a nova Ordenanza de Garantía Básica Cidadá do Concello de Santiago, coñecida co nome de Compostela +. O texto, que ten que recibir luz verde definitiva no Pleno da Corporación, substituirá á ordenanza Santiago Suma, que entrou en vigor o 17 de xuño de 2015.

Ler máis

DEPORTE

Área Central acolle este sábado dez horas de actividades no 2º Día do Deporte Solidario

03/06/2016

O concelleiro de Deporte, Rafael Peña, presentou esta mañá o 2º Día do Deporte Solidario, un evento que acolle Área Central este sábado 4 de xuño. Na rolda estivo acompañado polo xerente de Área Central, José Rafael Martínez; o xerente da Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual (Aspas), Javier García; e o coordinador da actividade, Enrique Vieites.

Ler máis

CONSORCIO

Cristina Pato toca coa Real Filharmonía este sábado no Parque Eugenio Granell

03/06/2016

A Real Filharmonía de Galicia celebra un concerto ao aire libre mañá sábado, 4 de xuño, no compostelán Parque Eugenio Granell, baixo a batuta do seu director titular, Paul Daniel. A cita será ás 12:30 horas e, se chove, terá lugar no Auditorio de Galicia. Diríxese ao público máis novo e ás familias, dentro do ciclo Descobre unha orquestra para ti, a túa!, que busca achegar a RFG e a música clásica a novos públicos. A entrada é gratuíta.

Ler máis

CONVIVENCIA

O "Road Show" abriu o programa en torno ao Día da Seguridade Viaria

03/06/2016

O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, asistiu no Auditorio de Galicia á representación teatral sobre seguridade viaria Road Show, dirixida a estudantes de 1º de Bacharelato. Esta actividade forma parte do programa que preparou o Concello de Santiago para celebrar o Día da Seguridade Viaria (10 de xuño).

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Xosé A. Touriñán protagoniza o "Monólogo do imbécil" no Teatro Principal

03/06/2016

Eme2 Teatro presenta a vindeira semana en Compostela o Monólogo do imbécil, protagonizado por Xosé A. Touriñán. Premio Max de Teatro 2003 ao mellor texto en lingua galega está escrito e dirixido por Jose Prieto. En total haberá tres funcións: venres 10 e sábado 11 ás 20:30 e o domingo 12 ás 19:00 horas, todas no Teatro Principal.

Ler máis
Compartir: