XUNTA DE GOBERNO

O Concello reparará o Estadio de San Lázaro grazas a un acordo coa FGF

17/06/2016

O Concello vai reparar o Estadio de San Lázaro, grazas a un acordo coa Federación Galega de Fútbol que hoxe recibiu o visto bo da Xunta de Goberno. A entidade asumirá o custo das obras, estimado en 763.000 euros, como contraprestación pola concesión demanial sobre un dos locais do Estadio, que utilizará para establecer en Compostela o núcleo principal da súa actividade federativa. O alcalde salientou a importancia deste acordo, que permitirá solucionar problemas estruturais moi importantes nesta infraestrutura deportiva.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Acción Cultural colabora coa quinta edición de TerraZeando. Ciclo de concertos ao fresco

17/06/2016

O ciclo TerraZeando cumpre este verán cinco anos mantendo a súa intención de encher de música algunhas das terrazas e espazos máis singulares de Compostela e A Coruña, cidade onde tamén se celebra. E nesta edición conta coa colaboración do Concello de Santiago. Así, presentárono esta mañá a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, e Álvaro Álvarez, secretario da asociación Desconcierto Cultural, organizadora do ciclo. En Compostela celebrarase do 30 de...

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

A primeira fase da peonalización de San Pedro comezará en xullo

17/06/2016

O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade anunciou hoxe a posta en marcha das primeiras medidas para reducir o tráfico no barrio de San Pedro, a partir do próximo mes de xullo. Para iso, a Xunta de Goberno aprobou esta mañá o Estudo de Mobilidade sobre as actuacións de recuperación de espazo público neste ámbito, elaborado por Tussa. Jorge Duarte explicou que "todos os pasos que se están dando na peonalización de San Pedro están acordados coas dúas asociacións...

Ler máis
Compartir: