TURISMO

Turismo de Santiago aposta polas Festas de San Xoán como atractivo turístico

16/06/2016

A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presentou un novo programa municipal para potenciar o atractivo turístico das Festas de San Xoán en Santiago. Estivo acompañada pola presidenta da Asociación Hostalería Compostela, Sara Santos, que colabora no proxecto, e pola xerente en funcións de Turismo de Santiago, Yolanda Ferro.

Ler máis

ESPAZOS CIDADÁNS E ACCIÓN CULTURAL

Reabre a Casa da Xuventude convertida nun espazo autoxestionado pola cidadanía

16/06/2016

Os concelleiros de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, e de Acción Cultural, Branca Novoneyra, deron conta esta mañá da nova etapa que afronta a Casa da Xuventude, e na que colaboran os dous departamentos municipais. O inmoble, rebautizado provisionalmente como Matadoiro de Compostela, converterase nun espazo autoxestionado para ser usado por asociacións de todo tipo, seguindo a fórmula de La Tabacalera de Madrid.

Ler máis

EMPREGO

Finalizou o Foro da Innovación no Emprego

16/06/2016

A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, clausurou o Foro da Innovación no Emprego 2016, organizado pola Axencia Local de Colocación (Servizo de Emprego do Concello de Santiago de Compostela).

Ler máis
Compartir: