CONVIVENCIA

O Concello celebra a Semana da Seguridade Viaria con actividades para os máis novos

31/05/2016

O 10 de xuño é o Día da Seguridade Viaria, e o Concello de Santiago vaino celebrar ao longo de toda a semana con distintas actividades. O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, e a responsable de Educación Viaria da Policía Local, Diana Parente, presentaron hoxe o programa, que quere concienciar á poboación máis nova da importancia de actuar de xeito seguro e responsable, como condutor, como peón ou como usuario de bicicletas.

Ler máis

ALCALDÍA

O CIAC programa unha xincana ambiental e dous novos roteiros para o mes de xuño

31/05/2016

O Centro de Interpretación Ambiental de Compostela celebra este mes de xuño o Día do Medio Ambiente (5 de xuño). Por isto, ademais das actividades habituais, o CIAC organiza unha xincana especialmente preparada para público familiar (nenos e nenas e nenos maiores de 8 anos), coa que descubrir Compostela dende unha perspectiva ambiental.

Ler máis

EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Catrocentos escolares de toda España reuniranse este sábado en Compostela no VII Campionato Nacional de Cálculo con Ábaco

31/05/2016

Catrocentos escolares de toda España, de idades comprendidas entre os 5 e os 13 anos, participarán este sábado 4 de xuño no VII Campionato Nacional Aloha Mental Arithmetic, que terá lugar en Santiago de Compostela. O evento está organizado por Aloha Mental Arithmetic en colaboración co Departamento de Educación e Cidadanía.

Ler máis

LINGUA E COMERCIO

Lingua e Comercio poñen en marcha o IV Concurso de Proxectos de Publicidade

31/05/2016

A concelleira de Desenvolvemento Económico, Marta Lois, presentou a cuarta edición do Concurso de Proxectos de Publicidade Comercial en Galego, que pretende ser un incentivo para a galeguización da comunicación entre empresas ou establecementos comerciais e o público, así como servir de recurso para promover a calidade e a creatividade na comunicación. Haberá dous premios de 5.000 euros para a execución dos proxectos gañadores.

Ler máis
Compartir: