XUNTA DE GOBERNO

O Concello de Santiago avanza cara a municipalización da ORA e do guindastre

20/05/2016

A Xunta de Goberno acordou hoxe solicitarlle á empresa Tussa un estudo sobre a viabilidade de asumir a xestión directa da ORA e do guindastre. Trátase dun novo paso de cara á municipalización deses servizos públicos, despois de que os informes económicos e xurídicos encargados polo Executivo local avalaran esa posibilidade.

Ler máis

DEPORTE E TURISMO

Dous mil atletas populares tomarán as rúas de Compostela este sábado na SantYaGo10K

20/05/2016

Este sábado celébrase a segunda edición de SantYaGo10K, a carreira nocturna de Santiago de Compostela, que reunirá a preto de 2.000 atletas populares de Santiago, Galicia e resto de España. A carreira comezará ás 22:30 horas en San Francisco. Os corredores comezarán a chegar á meta no Obradoiro a partires das 23:00 horas. A carreira repartirá máis de 1.700 euros en premios e 60 trofeos.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

O Goberno municipal duplica a partida para as bolsas de comedor escolar

20/05/2016

A Xunta de Goberno aprobou hoxe a convocatoria para a concesión de bolsas de comedor, adquisición de material escolar e a realización de actividades escolares. A partida para esas axudas será dun total de 360.000 euros. O alcalde salientou o incremento desta consignación, "que en 2015 era inicialmente de 135.000 euros e que o actual Executivo incrementou ata os 170.000". Ademais, Martiño Noriega explicou que, por vez primeira, concederanse axudas para a compra de material e para actividades extraescolares.

Ler máis
Compartir: