LINGUA E ACCIÓN CULTURAL

Compostela súmase ás homenaxes a Manuel María no Día das Letras Galegas

11/05/2016

O Concello de Santiago súmase á celebración do Día das Letras Galegas e ao recordo a Manuel María, o autor homenaxeado este ano. O alcalde, Martiño Noriega, e a concelleira Branca Novoneyra presentaron hoxe as actividades organizadas polos departamentos de Lingua e Acción Cultural para celebrar o 17 de maio, e para poñer en valor a obra do poeta lugués e a súa vinculación con Compostela.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Aline Frazão presenta en Compostela o seu novo traballo, "Insular"

11/05/2016

Aline Frazão (Luanda, 1988) é un dos nomes destacados da nova xeración de músicos angolanos. Cantante, compositora, guitarrista e produtora, naceu e creceu en Luanda e reside actualmente en Lisboa. Mañá chega a Compostela para presentarnos o seu último traballo, Insular. Será no Teatro Principal, ás 20:30 horas. As entradas teñen un prezo de 12 euros (6 € cos descontos habituais) e poden mercarse na billeteira do Principal, no 902 434 443 ou en

Ler máis

ALCALDÍA

O alcalde confía en pechar o convenio da intermodal na próxima semana

11/05/2016

O alcalde amosouse hoxe optimista con respecto ao proxecto da intermodal, e mostrou a súa confianza en que o convenio entre as tres administracións implicadas quede pechado na próxima semana. Martiño Noriega adiantou que para o próximo mércores está prevista unha nova reunión en Madrid, na que se analizará o texto definitivo, ao que o Concello de Santiago aportou algunhas correccións de carácter técnico e formal.

Ler máis

DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO

A xornada "O mercado de traballo na hostalería" amosa a necesidade de mellorar a calidade do emprego no sector

11/05/2016

O edificio Cersia acolleu esta mañá a celebración da xornada O mercado de traballo na hostalería, que congregou a profesionais do sector para analizar o mercado laboral no mesmo. Alí estivo presente a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, que incidiu na "necesidade de que se mellore a calidade dos empregos para que se puidese mellorar así a calidade do turismo cara a superar a estacionalización do sector na cidade".

Ler máis
Compartir: