ACCIÓN CULTURAL

Actividades, obradoiros e unha exposición fotográfica conmemorarán os 25 anos do Centro Sociocultural José Saramago de Vite

10/05/2016

O CSC José Saramago de Vite cumpre 25 anos e faino cunha ampla programación para os meses de maio, xuño e xullo. Inaugurado no 1991, foi o primeiro centro sociocultural de Santiago, un lugar de encontro para os veciños e veciñas do barrio e que conseguiu moitos logros e conquistas. Un exemplo é a Biblioteca José Saramago, un espazo singular do barrio que sirve como punto de conexión interxeracional no que participan nenos e nenas, maiores e persoas adultas.

Ler máis

BENESTAR ANIMAL

Traballadores municipais aprenden a afrontar situacións de maltrato animal

10/05/2016

Funcionarios do Concello de Santiago participan na Pobra do Caramiñal no curso "Maltrato animal: procedementos policiais e administrativos nos concellos". Trátase dunha actividade organizada pola Deputación da Coruña, a petición do Concello da Pobra, que ten como obxectivo que os traballadores públicos saiban como enfrontarse a situacións de abandono ou malos tratos a animais.

Ler máis

IGUALDADE

Últimos dous días para preinscribirse no Verán CampUSC 2016

10/05/2016

Este mércores, 11 de maio, remata o prazo de inscrición no Verán CampUSC 2016. O venres 13 de maio publicaranse as listas de admitidos e admitidas en cada quenda na web da Fundación USC Deportiva e no seu taboleiro de anuncios. A preinscrición pode realizarase cubrindo o cuestionario establecido a tal efecto na páxina web da Fundación.

Ler máis

CONSORCIO

O 20 de maio remata o prazo para inscribirse no curso de posgrao que permitirá ao alumnado formarse coa Real Filharmonía

10/05/2016

Continúa aberto o prazo de inscrición para o Curso Avanzado de Especialización Orquestral (CAEO) 2016-2017. Impártese na Escola de Altos Estudos Musicais, en Santiago, e está recoñecido como título propio de posgrao pola Universidade de Santiago. Diríxese a músicos instrumentistas con titulación superior que teñan como meta adquirir a formación e a experiencia necesarias para integrarse nunha orquestra profesional.

Ler máis
Compartir: