XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno autoriza o reinicio das obras pendentes da 1º fase en Vista Alegre

08/04/2016

A Xunta de Goberno Local, na súa sesión ordinaria deste venres, autorizou o reinicio das obras da fase 1 suspendidas no seu día no barrio de Vista Alegre. Tamén se procedeu á prórroga por un ano máis dos servizos de recollida do lixo, da conservación e mantemento do cemiterio de Boisaca e da xestión da Escola Infantil de Meixonfrío-Salgueiriños.

Ler máis

POLÍTICAS SOCIAIS

Máis de 370 deportistas participarán na XXI edición dos xogos "Special Olympics"

08/04/2016

A concelleira de Políticas Sociais, Diversidades e Saúde, Concha Fernández, presentou xunto ao presidente de Special Olympics Galicia, Eladio Fernández, e un representante de ASPAS, a 21ª edición dos Xogos Minoritarios "Special Olympics" que organizan ambas entidades. Celebrarase este sábado, 9 de abril, no Multiúsos Fontes do Sar.

Ler máis

CONSORCIO

A voz de Santiago Auserón soará coa Real Filharmonía de Galicia

08/04/2016

A Real Filharmonía de Galicia poñeralle música á voz do cantante e compositor zaragozano Santiago Auserón. Será nun concerto conxunto que se celebrará o próximo 15 de xuño en Santiago de Compostela. A cita terá lugar na sede da orquestra, o Auditorio de Galicia, baixo a dirección do mestre Ricardo Caseiro.

Ler máis

ALCALDÍA

O alcalde reitera a vontade de modificar a ordenanza de vaos e insiste en que non se están a enviar requirimentos masivos ás comunidades de propietarios

08/04/2016

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, aproveitou a rolda de prensa da Xunta de Goberno para reiterar o compromiso municipal, ratificado en pleno por unanimidade da Corporación, de modificar a Ordenanza reguladora de actividades, instalacións e ocupacións da vía pública no que ten que ver cos vaos da cidade. En calquera caso, ata dispor da normativa modificada e no marco legal actual, indicou que a vontade segue a ser a de non facer requirimentos masivos de reparación, senón unicamente nos casos nos que conste denuncia a través...

Ler máis
Compartir: