TURISMO

A primeira edición de Santiago Paixón Doce rematou cunha boa acollida do sector

05/04/2016

A concelleira de Turismo, Marta Lois, e os presidentes da Asociación Hostalería Compostela, Sara Santos e José Antonio Riveiro, valoraron os resultados de Santiago Paixón Doce, novo programa gastronómico que naceu coa idea de promocionar como atractivo turístico a tradición larpeira da cidade durante a pasada Semana Santa. Tanto o Concello como a Asociación fixeron unha valoración positiva da acollida da primeira edición do evento.

Ler máis

MEDIO AMBIENTE

Un concurso de modelado 3D fomenta a educación en valores ambientais

05/04/2016

O Concello, en colaboración coa Universidade de Santiago e a empresa Ferrovial, vén de poñer en marcha o concurso COMPOS3D de modelado 3D a partir de fotografías, co obxectivo de fomentar a educación en valores medioambientais. O certame enmárcase nas actividades de celebración na cidade do Día Mundial do Medio Ambiente, e está dirixido a estudantes de entre 14 e 17 anos.

Ler máis

CONSORCIO

Aberto o prazo de inscrición no curso de Especialización Instrumental da Escola de Altos Estudos Musicais

05/04/2016

A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), con sede en Santiago de Compostela, organiza unha nova edición do Curso de Especialización Instrumental 2016-2017. Esta iniciativa diríxese a estudantes de música de grao medio ou superior que desexen perfeccionarse nalgún destes instrumentos: violín, viola, violoncello, contrabaixo, frauta, óboe, clarinete, fagot, trompa, trompeta, trombón ou percusión.

Ler máis

ESPAZOS CIDADÁNS

En marcha a convocatoria de novas axudas para as áreas de rehabilitación de Vista Alegre, Pontepedriña e Cidade Histórica

05/04/2016

O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade deu conta hoxe da convocatoria de subvencións para a rehabilitación de edificios e vivendas nas ARIs de Vista Alegre, Cidade Histórica e os grupos de vivendas Compostela e Cardeal Quiroga Palacios, na Pontepedriña. Jorge Duarte tamén informou da convocatoria de subvencións do Programa de rexeneración e renovación urbanas da ARI dos Camiños de Santiago, que a Consellería de Infraestruturas e Vivenda publicou onte no Diario Oficial de Galicia.

Ler máis
Compartir: