EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Éxito de participación nas dúas sesións de contos para bebés "Do berce á lúa"

23/04/2016

A Galería Sargadelos acolleu este sábado, no marco da XVI Campaña Municipal de Animación á Lectura, Do berce á lúa, unha sesión de contos pensada especialmente para os nenos e nenas de 0 a 3 anos, acompañados das súas familias. Cubríronse todas as prazas para as dúas quendas realizadas, ata as que se achegou tamén o concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios.

Ler máis

ALCALDÍA E ACCIÓN CULTURAL

O alcalde visita a Federación de Sociedades Galegas da República Arxentina

23/04/2016

O alcalde de Santiago visitou onte pola tarde a sede da Federación de Asociacións Galegas de Bos Aires, na súa terceira xornada na capital arxentina. Martiño Noriega estivo acompañado polo presidente da Federación, Francisco Lores, e por varios membros da directiva, nun percorrido no que puido coñecer o funcionamento da entidade, un dos motores culturais da comunidade galega en Bos Aires. O alcalde agradeceu "o recibimento á delegación compostelá, así como todo o traballo en prol de manter a comunidade galega e...

Ler máis
Compartir: