ALCALDÍA E ACCIÓN CULTURAL

Martiño Noriega reivindica a Compostela máis literaria na inauguración da Feira Internacional do Libro de Bos Aires

22/04/2016

Compostela foi protagonista na inauguración da 42ª Feira Internacional do Libro de Bos Aires, que nesta edición ten á capital galega como cidade invitada de honra. O acto contou coa intervención do alcalde compostelán, que reivindicou que "Santiago é sinónimo de literatura e de libros". Xunto con Martiño Noriega, na inauguración da Feira participaron o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo; o vicexefe do Goberno de Bos Aires, Diego Santilli; o presidente da Fundación El Libro,...

Ler máis

ESPAZOS CIDADÁNS E MOBILIDADE

O Goberno local dá un paso adiante para desbloquear o acordo da estación intermodal

22/04/2016

O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade deu conta hoxe dos acordos adoptados na reunión celebrada onte en Madrid, para avanzar no proxecto da estación intermodal. Jorge Duarte salientou que o Concello tivo que dar un paso adiante para desbloquear o acordo, e lograr a mellor infraestrutura para a cidade.

Ler máis

IGUALDADE

Continúan os "Camiños da Auga" coa ruta polos lavadoiros de Santiago

22/04/2016

Este domingo, 24 de abril, terá lugar a Ruta dos Lavadoiros, dentro do programa Compostela Territorio das Mulleres. Realizarase un paseo por varios destes lavadoiros de Compostela, falando sobre os usos que lles daban as mulleres. Como no caso do paseo das fontes, que tivo lugar o pasado 13 de marzo, estará guiado pola palabra de Encarna Otero.

Ler máis

EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Manuel Dios sumouse aos actos polo IV centenario da morte de Cervantes no CEIP Monte dos Postes e no IES Rosalía de Castro

22/04/2016

Este venres, o concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, participou na lectura compartida de El ingenioso hidalgo Don Quijote de la Mancha, nunha versión adaptada aos escolares, co gallo do IV centenario da morte de Miguel de Cervantes Saavedra. Esta actividade enmárcase nas actividades da Semana Cultural do CEIP Plurilingüe Monte dos Postes, dentro da cal se programaron actuacións musicais, obradoiros de graffitis e de papiros, encontro con escritores ou contacontos.

Ler máis

CONSORCIO

O Consorcio de Santiago remata as obras na igrexa da Peregrina, pola que entraba a auga da chuvia a través do campanario

22/04/2016

O Consorcio de Santiago acaba de rematar as obras na igrexa da Peregrina, situada na parroquia homónima, a 6 quilómetros de Santiago, nun rueiro xunto á estrada que comunica a Ponte do Romaño co Val do Dubra. A intervención, centrada na limpeza e reparación da torre do campanario, era urxente debido á importante entrada de auga no campanario e no seu contorno. Os traballos tiveron un orzamento de 32.031,77 euros.

Ler máis
Compartir: