XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno legaliza a rehabilitación da antiga fábrica de curtidos de Ponte Sarela

15/04/2016

A Xunta de Goberno acordou hoxe a legalización da rehabilitación e ampliación da antiga fábrica de curtidos da Ribeira de San Lourenzo, no lugar de Ponte Sarela. A nova Lei do Solo de Galicia, aprobada en febreiro pasado, permite esta medida, ao modificar o tratamento lexislativo anterior sobre as actuacións sobre edificacións existentes de carácter tradicional. Deste xeito, o Concello non terá que executar a sentenza do Tribunal Supremo que ratificaba anteriores fallos do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia nos que se obrigaba a...

Ler máis

CONSORCIO

Os aboados da Real Filharmonía de Galicia recibirán unha enquisa para opinar sobre a hora de comezo dos concertos da orquestra

15/04/2016

O Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela, organismo responsable da Real Filharmonía de Galicia, en colaboración co Auditorio de Galicia, sede da orquestra, van realizar un estudo para valorar a posibilidade de cambiar os horarios de inicio dos concertos da RFG. Así, os aboados recibirán estes días nos seus domicilios unha enquisa que permitirá coñecer as preferencias da maioría, así como os horarios incompatibles coas profesións doutros.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Artistas galegos, tradición e vangarda protagonizan as Festas da Ascensión 2016

15/04/2016

A concelleira de Acción Cultural deu conta esta mañá da programación para as Festas da Ascensión 2016, que se celebran este ano do 4 ao 8 de maio. Branca Novoneyra destacou que se trata "dunha programación que conxuga tradición, vangarda, grupos locais e actividades para os máis cativos da casa, que serán uns dos protagonistas desta festividade".

Ler máis
Compartir: