CONVIVENCIA

O Concello e a Universidade colaboran en materia de prevención de emerxencias

09/03/2016

O Concello e a Universidade de Santiago van asinar un convenio de colaboración que ten como obxectivo mellorar a seguridade nos edificios da USC ante situacións de emerxencia. O acordo foi presentado hoxe polo concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro; o xerente da Universidade, Xosé Manuel Villanueva; o xefe do Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento do Concello, Xesús Martínez; e a responsable de Prevención de Riscos da USC, Maribel García del Río. Os catro coincidiron na importancia deste acordo, que por...

Ler máis

ESPAZOS CIDADÁNS

Santiago, máis preto de ser unha smart city

09/03/2016

Lyon acolleu a semana pasada as reunións de lanzamento do proxecto europeo Smarter Together, que ten como obxectivo mellorar a calidade de vida nas cidades, ofrecendo solucións en varios aspectos cotiás da vida urbana por medio da integracións das chamadas smart technologies ou tecnoloxías intelixentes.

Ler máis

EDUCACIÓN E CIDADANÍA

O Concello de Santiago anima as familias compostelás a elixir o ensino público

09/03/2016

O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, animou as familias compostelás a elixir o ensino público para os seus fillos e fillas. Fíxoo durante a presentación dos prazos de matrícula nas escolas infantís municipais, nos CEIPs e na Escola Municipal de Música. Esta promoción da educación pública realizarase a través unha campaña da que o edil ofreceu os detalles.

Ler máis
Compartir: