CONVIVENCIA

A práctica totalidade dos condutores de Compostela utiliza o cinto de seguridade

23/03/2016

A Policía Local, en colaboración coa Dirección Xeral de Tráfico, vén de realizar unha campaña especial de vixilancia sobre o uso do cinto de seguridade, con especial atención aos sistemas de retención infantil. Entre os días 14 e 20 de marzo, os axentes incrementaron os controis, para concienciar da importancia do uso do cinto, un elemento que reduce á metade o risco de morte en accidentes de tráfico. A xulgar polos resultados, os condutores teñen totalmente asumida a necesidade de empregar o cinto en todas as...

Ler máis

CONCENTRACIÓN

Concentración de repulsa polos atentados de Bruxelas e en solidariedade coas vítimas

23/03/2016

A praza do Obradoiro acolleu unha concentración de repulsa aos atentados terroristas acontecidos este martes en Bruxelas (Bélxica). O alcalde, Martiño Noriega, membros da Corporación e traballadores municipais sumáronse, con outros representantes institucionais e cidadáns anónimos, a este minuto de silencio, como mostra de solidariedade coas vítimas e co pobo belga, e de condena de calquera acción terrorista.

Ler máis

CENTROS SOCIOCULTURAIS

Ábrese a inscrición para a viaxe a Sanabria do programa "Imos de excursión 2016"

23/03/2016

Dende as 17:00 horas do vindeiro martes, 29 de marzo, estará aberto o prazo de inscrición na segunda das viaxes do programa Imos de excursión 2016. Os interesados poden así reservar praza para unha viaxe a Sanabria (Zamora) prevista para o domingo 10 de abril. A inscrición pode formalizarse presencialmente nos centros socioculturais. Na reserva de prazas, que son limitadas, teñen preferencia os empadroados en Santiago.

Ler máis

CONSORCIO

A cidade de Santiago disporá dunha ferramenta informática destinada a mellorar a súa sostibilidade enerxética

23/03/2016

O Consorcio de Santiago participa no proxecto europeo FASUDIR, centrado en xerar unha ferramenta web que facilite a toma de decisións de cara a lograr a eficiencia enerxética dos edificios e barrios das cidades de Europa. Esta iniciativa púxose en marcha en 2013 e concluirá a finais deste ano. Está integrado por 11 socios de cinco países: España, Italia, Gran Bretaña, Hungría e Alemaña.

Ler máis

TURISMO

Últimos días para probar as larpeiradas de "Santiago Paixón Doce"

23/03/2016

A primeira edición de Santiago Paixón Doce remata este domingo 27 de marzo. Neste primeiro ano participan máis de 20 cafeterías e restaurantes da cidade, que inclúen nas súas cartas produtos e preparacións doces tradicionais da Semana Santa, como torrixas, leite fritida, bolos de vento, rosquillas, melindres, rosca, chocolates "de paixón" ou tortas. Estes doces poden tomarse como sobremesa, tras as comidas ou ceas, ou incluso na propia barra dos locais, sen ter que pedir un menú.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Concerto do grupo Oni Wytars este Xoves Santo dentro do ciclo "De lugares e órganos"

23/03/2016

De lugares e órganos, o programa de música e outras paisaxes de Compostela que organiza a Concellaría de Acción Cultural para esta Semana Santa, ofrece na xornada deste Xoves Santo un concerto do grupo Oni Wytars. Baixo o nome de "Venite a laudare! Laudas e cancións devocionais do Medievo e Renacemento", poderemos escoitalos na igrexa da Compañía ou da Universidade a partir das 20:00 horas.

Ler máis
Compartir: