ALCALDÍA

O Concello colaborará na celebración do Ano das Irmandades da Fala

09/02/2016

O alcalde recibiu hoxe ao secretario de ORA Galega, Carlos Quiroga, e ao presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, para falar da celebración do Ano das Irmandades da Fala. Martiño Noriega compremeteu a participación do Concello nestes actos, que chegarán a Compostela no mes de xullo, coincidindo coas festas do Apóstolo.

Ler máis

CONSORCIO

Músicos da RFG e alumnos do Conservatorio de Santiago celebran esta semana dous concertos para público infantil

09/02/2016

A Real Filharmonía de Galicia e o Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela colaboran en diversas iniciativas de carácter musical. Entre estes proxectos destaca a celebración de concertos conxuntos entre músicos da orquestra e alumnos novos do Conservatorio. Este venres ofrecerán un concerto didáctico para estudantes de primaria e secundaria, ás 11:00 horas no Auditorio de Galicia.

Ler máis

MEDIO AMBIENTE

O CIAC acolle un ciclo de cinema ambiental os domingos deste mes de febreiro

09/02/2016

O Centro de Interpretación Ambiental de Compostela, en Belvís, vai dedicar os domingos do mes de febreiro ao cinema ambiental. Farao a través dun ciclo organizado grazas á colaboración do CEIDA, o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia, a través do seu Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga. No CIAC poderanse ver tres documentais, que achegan algunhas problemáticas ambientais de gran actualidade e amosan algunhas solucións para elas que pasan unicamente polos nosos...

Ler máis

CONVIVENCIA

Máis de 500 escolares composteláns participaron xa nas actividades de seguridade viaria da Policía Local

09/02/2016

A Policía Local segue recorrendo os colexios de Compostela, co seu programa de seguridade viaria Móvete seguro con Moito Olliño. No que vai de curso, foron xa máis de 500 alumnos de 4º e 6º de Primaria os que participaron nas actividades, que pretenden facilitarlles aos rapaces as claves para unha mobilidade segura. O programa estase desenvolvendo tanto nos colexios públicos como nos privados, e polo de agora chegou xa aos CEIP López Ferreiro, Raíña Fabiola e Quiroga Palacios, e aos colexios Manuel Peleteiro, San...

Ler máis

EDUCACIÓN E CIDADANÍA

A Xunta de Goberno adxudica o servizo de comedores escolares á empresa Serunion

09/02/2016

Esta mañá e de forma extraordinaria reuniuse a Xunta de Goberno Local para adxudicar de forma definitiva o servizo de comedores escolares do Concello de Santiago. Serunion, empresa que estaba a prestar o servizo dende o mes de setembro, resultou a adxudicataria do servizo logo de ofrecer a mellor oferta ante a mesa de contratación, ofertando 1,92 euros máis IVE polo menú de madrugadores e 5,13 máis IVE polo de comedores.

Ler máis
Compartir: