MEDIO RURAL E EQUILIBRIO TERRITORIAL

O Goberno local destinará á zona rural todos os fondos provinciais do POS 2016

11/02/2016

O concelleiro de Medio Rural e Equilibrio Territorial deu conta hoxe dos proxectos que o Concello presentou na Deputación da Coruña, para seren financiados con cargo ao Plan de Obras e Servizos 2016. Rafael Peña salientou que todos os fondos do POS irán destinados ás parroquias "para paliar problemas estruturais aos que non se lle estaba dando unha solución desde hai anos". En concreto, a achega provincial permitirá arranxar viarios de 17 das 28 parroquias de Compostela.

Ler máis

POLÍTICAS SOCIAIS

Reunión da Mesa de Traballo de Desafiuzamentos da que sairá un protocolo de actuación "transparente, claro e garantista"

11/02/2016

A concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, presidiu a primeira xuntanza da Mesa de Traballo de Desafiuzamentos, da que sairá un protocolo de actuación para actuar neste tipo de casos. Na primeira convocatoria participaron os colexios profesionais de Traballo Social, Avogacía e Psicoloxía, os concelleiros de Políticas Sociais dos concellos de Ames, Teo e Santiago e o colectivo Stop Desafiuzamentos. Tamén estaban convidados a Secretaría Xudicial e a Xudicatura, mais escusaron a súa ausencia nesta primeira mesa.

Ler máis

ALCALDÍA E ACCIÓN CULTURAL

Santiago de Compostela acollerá a I Gala do Libro Galego o próximo mes de maio

11/02/2016

O alcalde e a concelleira e Acción Cultural recibiron hoxe no Pazo de Raxoi aos responsables da Asociación de Escritores en Lingua Galega, da Asociación Galega de Editores e da Federación de Librarías de Galicia. Os tres colectivos querían darlle a coñecer a Martiño Noriega e a Branca Novoneyra os detalles da Gala do Libro Galego, que terá lugar en Compostela o 14 de maio. O evento realizarase no Teatro Principal e será de acceso libre e gratuíto, ata completar aforo.

Ler máis

ALCALDÍA

O alcalde analiza co Foro Cívico o estado das infraestruturas pendentes en Compostela

11/02/2016

O alcalde, Martiño Noriega, presidiu unha xuntanza no Pazo de Raxoi cos membros do Foro Cívico Empresarial de Santiago, na que tamén participou o concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, Jorge Duarte. A reunión tiña como obxectivo darlle conta á plataforma do estado de tramitación dalgunhas infraestruturas vitais para Compostela.

Ler máis
Compartir: