CONSORCIO

O Consorcio presentou en 2016 sete novas publicacións vinculadas á cidade

29/12/2016

O Consorcio de Santiago presentou en 2016 sete novas publicacións vinculadas á cidade, coeditadas en colaboración con outras editoriais. Increméntanse así os fondos das seis coleccións coas que conta a biblioteca do organismo interadministrativo: biblioteca facsimilar, científica, de divulgación xacobea, literaria e de imaxes, xunto á infantil e xuvenil.

Ler máis

MEDIO AMBIENTE

A Tropa Verde pecha o ano 2016 con máis de 11.000 accións ambientais e 2.000 usuarios rexistrados

29/12/2016

A Tropa Verde, a iniciativa que premia a concienciación ecolóxica da cidadanía, pecha o ano superando todas as expectativas: máis de 11.000 accións ambientais desenvolvidas, 2.000 usuarios rexistrados e máis de 2.000 participantes en actividades escolares. Son algúns dos datos máis importantes do balance do proxecto que o Concello ten en marcha en colaboración con Teimas Desenvolvemento, que se consolidou ao longo de 2016. A día de hoxe, a Tropa Verde conta xa con 115 establecementos colaboradores, responsables de entregar...

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

A compañía Producións Teatrais Excéntricas estrea en 2017 o primeiro Valle-Inclán en galego

29/12/2016

Oitenta anos despois do pasamento do escritor e dramaturgo galego Ramón María del Valle-Inclán, a súa obra poderá ser gozada por primeira vez en galego. Será a peza A Cabeza do Dragón a que sirva de catalizador, e será Producións Teatrais Excéntricas -con Quico Cadaval á fronte- a encargada de poñela sobre as táboas. O elenco está formado por Iván Marcos, Patricia Vázquez, Víctor Mosqueira, María Costas, Josito Porto, Yelena Molina, Marcos Orsi e o propio...

Ler máis
Compartir: