MOBILIDADE

Logrado o consenso sobre o Pacto pola Mobilidade

28/12/2016

Preto de medio cento de representantes de colectivos veciñais, empresariais e de comerciantes; e dos grupos políticos da Corporación municipal acadaron onte o consenso sobre o Pacto Local pola Mobilidade. Foi nunha reunión presidida polo concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, Jorge Duarte, que lle puxo fin a meses de traballo para redactar o documento que agora terá que ser aprobado polo Pleno. O propio edil deu conta este mércores en rolda de prensa das conclusións da xuntanza.

Ler máis

DEPORTE

O Concello acomete obras en cinco instalacións deportivas municipais por importe de 165.000 euros

28/12/2016

A concelleira de Deporte, Noa Morales, presentou as obras que se están a acometer en cinco instalacións deportivas municipais con cargo ao remanente de tesourería do 2016, que suman un investimento de 165.313 euros. Segundo indicou, "trátase de facer fronte ás deficiencias que presentan as instalacións deportivas municipais dende hai anos e que cómpre ir solucionando".

Ler máis
Compartir: