ALCALDÍA

Martiño Noriega recibe o xerente de Aeopas

21/12/2016

O alcalde recibiu hoxe o xerente da Asociación Española de Operadores Públicos de Abastecemento e Saneamento (Aeopas). Martiño Noriega e Luis Babiano falaron das expectativas que se abren en Santiago, onde a actual concesión do servizo da auga finaliza en 2019.

Ler máis

MOCIDADE E POLÍTICAS SOCIAIS

Futbolín, cine, breakdance ou actuacións de grupos locais, algunhas das propostas deste Nadal para a mocidade de Compostela

21/12/2016

As concelleiras de Mocidade e de Políticas Sociais, Noa Morales e Concha Fernández, presentaron en rolda de prensa as actividades de ocio saudable previstas polos seus departamentos no marco da programación de Nadal. Na rolda estiveron acompañadas por representantes das asociacións organizadoras Vella Escola, Itaca e Desordes Creativos.

Ler máis

EDUCACIÓN E CIDADANÍA

A Banda e a Bandiña da EMM ofreceron un concerto interxeracional ás persoas participantes no programa do IV Ciclo da USC

21/12/2016

O salón de actos da Facultade de Ciencias da Educación, acolleu este martes un concerto interxeracional no marco do Programa Universitario de Maiores do IV Ciclo da USC. Esta actividade é froito do convenio de colaboración asinado en decembro de 2015 entre o Concello e a USC para a realización de actividades no ámbito da educación non formal e de convivencia.

Ler máis

CONSORCIO

O Consorcio e a USC editan a reprodución das "Memorias del Arzobispado de Santiago"

21/12/2016

As Memorias del Arzobispado de Santiago rexistran nos 545 folios orixinais a "descrición puntillosa da organización da diocese compostelá", incluíndo visitas á práctica totalidade da súas fortalezas, hospitais e parroquias, "a impagable descrición das súas vilas e cidades, xunto cunha historia sucinta do Apóstolo Santiago". "Confeccionadas con rigor" entre 1603 e 1620 polo cóengo cardeal Jerónimo del Hoyo, catrocentos anos despois este manuscrito recupera plena...

Ler máis

TURISMO

"Delicias de codorniz" e "Xurelo San Simón", tapas gañadoras da novena edición de Santiago(é)tapas

21/12/2016

O Museo do Pobo Galego acolleu a gala de entrega de premios da novena edición de Santiago(é)tapas, concurso de tapas organizado por Turismo de Santiago e a Asociación Hostalería Compostela que se celebrou entre o 17 de novembro e o 4 de decembro. Nesta edición consumíronse arredor de 30.000 tapas, unha cifra que consolida o evento como unha ferramenta para a desestacionalización do sector nun período de temporada baixa. A gala estivo presidida polo alcalde de Santiago, Martiño Noriega.

Ler máis

CONSORCIO

Un libro recolle o fondo fotográfico de Ramón Sánchez Estalote, que retratou a cidade durante cinco décadas do século XX

21/12/2016

Baixo o título Ramón Sánchez Estalote. Memoria dun tempo, o Consorcio de Santiago e Teófilo Edicións acaban de publicar un libro con imaxes do fotógrafo compostelán. A publicación presentouse este mércores no Teatro Principal. Ao acto asistiron o alcalde de Santiago e presidente do Consorcio da cidade, Martiño Noriega; a xerente do Consorcio, Belén Hernández; a autora do libro, Mercedes Rozas; o responsable de publicacións do organismo interadministrativo, Juan Conde; e José Luís...

Ler máis
Compartir: