ALCALDÍA

Santiago e A Coruña suman forzas para darlle un novo pulo ao Camiño Inglés

13/12/2016

Os alcaldes de Santiago e da Coruña reivindicaron hoxe a importancia do Camiño Inglés, e reiteraron a súa aposta por poñer en valor esta ruta xacobea. Fixérono cunha visita á Catedral, na que Martiño Noriega e Xulio Ferreiro estiveron acompañados polo deán, Segundo Pérez, e polo director da Fundación Catedral, Daniel Lorenzo. Os dous rexedores lembraron que "o Camiño Inglés é unha vía de peregrinación histórica, que nos últimos anos non tivo o peso que se...

Ler máis

NADAL 2016

O Concello traballa na organización da Cabalgata de Reis máis participativa

13/12/2016

O concelleiro Xan Duro presentou hoxe un avance da Cabalgata de Reis deste Nadal, que volverá apostar pola participación activa da cidadanía. O desfile levará por lema "A ruta dos desexos", e nel poderanse ver distintos motivos que representarán a alegría, o amor, a ilusión ou a maxia. Os combos artísticos foron deseñados, na súa meirande parte, en exclusividade para esta cabalgata, na que participarán tanto grupos profesionais como persoas voluntarias.

Ler máis

CONSORCIO

A violoncellista principal da Orquestra de RTVE, Suzana Stefanovic, formará a intérpretes noveis

13/12/2016

A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM) dispón dun programa de formación permanente dirixido a intérpretes novos/as. No marco deste proxecto, ofrécese a posibilidade de asistir ao longo do ano a unha serie de clases maxistrais que imparten solistas de prestixio internacional. A vindeira semana contarase coa presenza da violoncellista Suzana Stefanovic, os días 19 e 20 de decembro.

Ler máis
Compartir: