FACENDA E MOCIDADE

Quince propostas dos OP de Mocidade serán incluídas no borrador dos orzamentos para 2017

08/11/2016

Encontros interculturais e de cultura urbana, cine ao aire libre, lecer alternativo ou propostas que impulsan a igualdade de xénero figuran entre as propostas máis votadas dos orzamentos participativos de Mocidade, unha vez rematado o prazo para elixir as propostas. Unha comisión técnica e veciñal fará seguimento das propostas finalistas, que se incluirán no borrador do Orzamento municipal de 2017. Do resultado do proceso deron conta en rolda de prensa as concelleiras de Facenda, María Rozas, e de Mocidade, Noa Morales.

Ler máis

ALCALDÍA

Martiño Noriega recibe o presidente de AEIGA

08/11/2016

O alcalde de Santiago recibiu hoxe o presidente da Asociación de Empresas de Inserción de Galicia, AEIGA, nun encontro no que tamén participou a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández. A reunión foi solicitada por Miguel Fernández co obxectivo de darlle a coñecer ao Goberno compostelán o modelo das empresas de inserción, "un modelo moi útil na loita contra a exclusión social". O presidente de AEIGA tamén aproveitou para avogar porque "se regulen as cláusulas sociais e a...

Ler máis

CONSORCIO

A Real Filharmonía de Galicia pon en escena a ópera "Os pescadores de perlas", de Bizet, en versión concerto

08/11/2016

A Real Filharmonía de Galicia porá en escena esta semana a ópera Os pescadores de perlas, do compositor francés Georges Bizet, en versión concerto. A orquestra ofrecerá dúas actuacións, mañá mércores no Auditorio de Galicia, ás 20:30 horas; e o venres 11 no Teatro Afundación de Vigo, tamén ás 20:30 horas. Estes concertos son unha coprodución da RFG e o Outono Lírico de Amigos da Ópera de Vigo, en colaboración con Amigos da Ópera de Santiago de...

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Aberta a 30ª edición do festival Cineuropa

08/11/2016

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, inaugurou a 30ª edición de Cineuropa, nun acto no que tamén participou o director do festival, José Luis Losa. A continuación da cerimonia inaugural, presentada por Moncho Lemos, o público asistente puido ver o filme El ciudadano ilustre, de Gastón Duprat e Mariano Cohn.

Ler máis
Compartir: