ACCIÓN CULTURAL

Chema Prado recibe o Premio Cineuropa por unha vida de entrega ao cine

24/11/2016

Este venres é o día escollido para entregarlle o Premio Cineuropa a Chema Prado, quen fora director da Filmoteca Nacional, por unha vida entregada á preservación do cine. A programación desta xornada tame´n inclúe o tradicional maratón e unha sesión especial en apoio á campaña En negro contra a violencia, coa proxección de filmes que abordan a problemática da violencia machista.

Ler máis

TURISMO

Santiago(é)tapas acolle as tapas gañadoras dos concursos dos concellos de Área Santiago

24/11/2016

Os gañadores dos concursos de tapas e outros eventos gastronómicos dos Concellos que forman parte do grupo Área Santiago participarán de novo en Santiago(é)tapas, que se celebra ata o 4 de decembro, cociñando por un día en locais de Compostela que participan nesta edición do certame. Esta actividade enmárcase no Plan de Acción 2016 do Grupo Área Santiago e conta coa colaboración da Axencia de Turismo de Galicia.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Zoar presenta tres programas de venres a domingo dentro das Xornadas de Música Contemporánea

24/11/2016

O conxunto de cámara Zoar presenta esta fin de semana tres programas diferentes dentro das Xornadas de Música Contemporánea. Mañá venres, ás 20:30 horas, teremos SH4K3SP34R3; sábado, tamén ás 20:30 horas, escoitaremos C3RV4NT3S; e domingo, neste caso ás 12:00 horas, será Juego de ladrones. Todos os concertos serán no CGAC e con entrada libre ata completar aforo. A clausura das Xornadas terá lugar o vindeiro xoves, 1 de decembro, coa Real Filharmonía de Galicia, dirixida...

Ler máis
Compartir: