CONSORCIO

O afamado trompetista valenciano Roberto Bodí formará neste instrumento a intérpretes galegos noveis

14/11/2016

A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM) dispón dun programa de formación permanente dirixido a intérpretes noveis. No marco deste proxecto, ofrécese a posibilidade de asistir ao longo do ano a unha serie de clases maxistrais que imparten solistas de prestixio internacional. Este sábado contarase coa presenza do afamado trompetista valenciano Roberto Bodí. Ademais do alumnado da Escola, ofrécense prazas para músicos externos ao centro.

Ler máis

EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Oportunidade o vindeiro sábado para descubrir o patrimonio de Boisaca

14/11/2016

Coincidindo coa celebración do mes de defuntos, o vindeiro sábado, 19 de novembro, está programada unha visita aberta para toda a cidadanía ao cemiterio de Boisaca. As prazas estarán limitadas a 20 por quenda, realizándose un itinerario pola mañá e outro pola tarde, con saída ás 11:30 e ás 16:00 horas de diante da capela. Esta actividade forma parte do programa Vivir Santiago, promovida pola Concellaría de Educación e Cidadanía.

Ler máis

CONSORCIO

A Real Filharmonía de Galicia pon en directo a banda sonora ao filme mudo "Metrópolis"

14/11/2016

No marco da 30ª edición do festival Cineuropa, o vindeiro xoves, 17 de novembro, proxectarase o filme Metrópolis, dirixido no ano 1927 por Fritz Lang e con música do compositor alemán Gottfried Hupperttz. Será ás 20:30 horas no Auditorio de Galicia. De maneira simultánea á proxección desta película muda, a Real Filharmonía de Galicia interpretará en directo a banda sonora orixinal, baixo a batuta do director andaluz Manuel Coves. O filme e as partituras foron cedidas polo European Filme...

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Atalaya teatro presenta "Marat-Sade", de Peter Weiss, dentro do ciclo Teatro & Danza

14/11/2016

Coincidindo co cincuentenario da estrea da obra en español, Atalaya Teatro está xirando con Marat-Sade, de Peter Weiss, con dirección e dramaturxia de Ricardo Iniesta, por Cataluña, Andalucía e Galicia. Chegarán a Compostela o vindeiro sábado, 19 de novembro, ás 20:30 horas, no Auditorio de Galicia. As entradas teñen un prezo de 12 euros (cos descontos do 50% para os colectivos habituais) e poden mercarse xa no despacho de billetes do Teatro Principal, no 902 434 443 ou en

Ler máis
Compartir: