ALCALDÍA

Reunida a mesa de diálogo coa hostalería

05/10/2016

O alcalde de Santiago presidiu hoxe a reunión da mesa de diálogo co sector da hostalería, convocada a petición dos representantes dos hostaleiros. Na xuntanza participaron tamén os concelleiros de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, e de Convivencia, Xan Duro; así como representantes de PP, PSOE e BNG. Pola parte do sector hostaleiro participaron membros das asociacións Hostalería Compostela, Vicus Francorum, Cidade Vella, Tempo con Xeito e a Asociación de Bares e Pubs de Compostela.

Ler máis

CONSORCIO

Unha mostra fotográfica do 20º aniversario da Real Filharmonía pode visitarse nos CSC de Vite, Santa Marta e Fontiñas

05/10/2016

A Real Filharmonía de Galicia celebra esta semana concertos gratuítos nos centros socioculturais de Vite (hoxe, mércores 5), Santa Marta (mañá, xoves 6) e Fontiñas (venres día 7). No marco desta iniciativa, os tres centros acollen ademais unha exposición conmemorativa do 20º aniversario da orquestra. É unha selección de instantáneas de Luis Soto, amante da fotografía e frautista da agrupación.

Ler máis

TURISMO

Nove longas documentais no Womex Film Nights, aberto ao público

05/10/2016

O Womex 2016, que ten entre os seus patrocinadores ao Concello de Santiago, a través de Incolsa, amplía o seu campo de operacións dende á música ao cine máis directamente emparentado coa música. Womex Film Nights é o nome da sección cinematográfica do festival que se celebrará entre 20 e o 22 de outubro e que ofrecerá un total de nove títulos no Museo das Peregrinacións. Esta é a primeira vez que este festival cinematográfico se celebra de maneira aberta aos públicos...

Ler máis

TURISMO

Presentada en Madrid a oferta turística e cultural das Cidades Patrimonio

05/10/2016

O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España, entidade que reúne as 15 cidades inscritas na Lista do Patrimonio Mundial da UNESCO, presentou onte á noite no Museo Thyssen-Bornemisza de Madrid a oferta turística e cultural das cidades pertencentes á rede: Alcalá de Henares, Ávila, Baeza, Cáceres, Córdoba, Conca, Eivissa, Mérida, Salamanca, San Cristóbal de la Laguna, Santiago de Compostela, Segovia, Tarragona, Toledo e Úbeda. A concelleira de Turismo, Marta Lois, representou a Santiago neste acto.

Ler máis

CONSORCIO

Un libro recolle a expansión urbana da cidade entre 1778 e 1950, a través dos seus ensanches residencial, universitario e de esparexemento

05/10/2016

O Consorcio de Santiago e Teófilo Edicións acaban de publicar Periferias y (Des)bordes, o segundo tomo da investigación Evolución urbana y cambios morfológicos, Santiago de Compostela 1778-1950, do arquitecto e profesor compostelán Pablo Costa Buján. O alcalde de Santiago e presidente do Consorcio da cidade, Martiño Noriega, presentou a publicación na sede da Fundación Granell. Ao acto asistiron, ademais do autor, a xerente do Consorcio de Santiago, Belén Hernández; o responsable de...

Ler máis
Compartir: