SAÚDE

O Concello súmase á celebración do Día Mundial contra o Cancro de Mama

18/10/2016

A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúdes, Concha Fernández, presentou coa presidenta e o vicepresidente da Xunta Local da Asociación Española contra o Cancro (AECC), Luz Hernández e Antonio Guerrero, respectivamente, as actividades que desenvolverán ambas institucións con motivo do Día Mundial contra o Cancro.

Ler máis

FACENDA

Última asemblea de decisión de investimentos, da área de Cidade, este mércores no CSCXM do Ensanche

18/10/2016

Os Orzamentos Participativos de Santiago de Compostela atópanse na recta final da súa fase decisiva. A plataforma Compostela Decide permitirá votar aos composteláns e compostelás e ás persoas que acrediten estar estudando na cidade ata o próximo martes 25 de outubro. Son xa 900 as persoas que se rexistraron e están a participar priorizando as propostas que máis interesantes lles parecen nas áreas Sueste, Nordeste, Cidade e Mocidade.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

aCentral Folque comeza curso con máis de 20 docentes e novidades

18/10/2016

A Escola de Música Popular e Avanzada aCentral Folque, da asociación do Conservatorio de Música Tradicional e Folque, presentou esta mañá en rolda de prensa o seu novo curso académico 2016/17. O Concello colabora coa escola a través dun convenio nominativo e da cesión do Auditorio de Galicia e dos centros socioculturais do Castiñeiriño e da Trisca para as aulas.

Ler máis

ALCALDÍA E DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO

Santiago acolle a Asemblea Xeral de Redel

18/10/2016

O alcalde participou hoxe na primeira xornada da Asemblea Xeral da Rede de Entidades de Desenvolvemento Local, REDEL, que se celebra na Cidade da Cultura hoxe e mañá. Martiño Noriega deulles a benvida a Compostela aos participantes no encontro, que van analizar posibilidades de colaboración en materias como o emprendemento social ou cultural. Nesa liña, o rexedor convidounos a coñecer iniciativas de carácter municipal como o espazo autoxestionado do Matadoiro Compostela, e a visitar o Womex, que se celebrará nestes días na capital...

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Cineuropa 2016 celebrarase do 8 ao 27 de novembro

18/10/2016

Este ano Cineuropa, o festival internacional de cine non competitivo de Compostela, cumpre 30 anos. Foi un 24 de outubro de 1987 cando iniciaba, cunha programación de tan só 20 películas, a súa traxectoria como festival, sen imaxinar nin de lonxe o imprescindible que chegaría a converterse para a cidade de Compostela. Hoxe case podemos dicir que non se concibe novembro sen Cineuropa. E neste 2016, ano no que celebramos a 30ª edición, o festival será do 8 ao 27 de novembro.

Ler máis
Compartir: