ALCALDÍA

Martiño Noriega expresa a vontade de actualizar o convenio entre o Concello e a USC coa finalidade de efectivamente cumprilo

07/01/2016

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reuniuse co reitor da USC, Juan Viaño, para dar un repaso a varios temas pendentes que implican ao Concello e á institución académica. Así, falaron sobre o convenio de mantemento entre a Administración local e a USC, da futura Facultade de Medicina ou da operación de Galeras no espazo do antigo hospital provincial.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Música, danza, poesía e teatro nunha nova edición do festival solidario "Implícate"

07/01/2016

Branca Novoneyra, concelleira de Acción Cultural; Yolanda Castaño, poeta e organizadora do Implícate; e Susana Sánchez Aríns, representante de Implicadas no Desenvolvemento; presentaron esta mañá na Casa do Concello o Implícate! 2016, Festival de Música e Palabra Solidaria, que se celebrará este domingo 10, ás 20:30 horas, no Teatro Principal.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

O alcalde informa á Valedora das liñas estratéxicas de atención ás persoas sen teito

07/01/2016

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, reuníronse hoxe coa Valedora do Pobo, para darlle conta das actuacións emprendidas polo Concello en relación á situación das persoas sen teito. Foi unha xuntanza solicitada por Milagros Otero, a raíz da queixa presentada ante a Valedora polas asociacións Compostela Monumental e Cidade Vella. O rexedor aproveitou a reunión para insistir en que "a situación das persoas sen fogar é unha prioridade...

Ler máis
Compartir: