PLENO

O Goberno local someterá mañá ao Pleno a aprobación inicial do Regulamento do Consello Municipal de Turismo

20/01/2016

O Pleno da Corporación debaterá este xoves, na sesión ordinaria de xaneiro, unha proposta da concelleira delegada de Turismo, Marta Lois, relativa á modificación do regulamento do Consello Municipal de Turismo. Esta actualización é o paso previo para reactivar o órgano, no marco dun proceso de definición do vindeiro Plan Estratéxico de Turismo 2016-2021.

Ler máis

TURISMO

O alcalde presenta en Fitur a oferta turística de Santiago de Compostela

20/01/2016

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, presentou en Fitur as liñas mestras da oferta turística de Santiago no 2016. A principal aposta de Turismo de Santiago será a gastronomía, pero tamén se porán en valor os múltiples atractivos da cidade: Camiño de Santiago, Cultura, Patrimonio, Natureza, Universidade, Cidade de Congresos…

Ler máis

ESPAZOS CIDADÁNS

O concelleiro de Espazos Cidadáns reúnese cos responsables de Cogami

20/01/2016

O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, Jorge Duarte, vén de reunirse con representantes da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade, para falar de políticas de accesibilidade. O edil presentoulle ao presidente de Cogami, Anxo Queiruga, tres iniciativas nas que está traballando o seu departamento. Trátase, en concreto, da elaboración dunha nova Ordenanza de Accesibilidade, da redacción dun Plan de Accesibilidade Universal dos edificios de uso público e as rutas que os unen, e o...

Ler máis

CONVIVENCIA E MEDIO RURAL

O Concello fai balance das reparacións dos danos causados polos últimos temporais

20/01/2016

Os concelleiros de Medio Rural, Rafael Peña, e Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, deron conta hoxe das actuacións levadas a cabo desde os dous departamentos para afrontar e reparar os danos ocasionados en todo o termo municipal nas últimas xornadas de temporal. O groso das actuacións levouse a cabo na zona rural. Rafael Peña explicou que foi preciso habilitar un contrato de emerxencia para afrontar arranxos por un importe estimado nuns 40.000 euros.

Ler máis
Compartir: