DEPORTE

A XIV Camiñada ao Pedroso recadará fondos un ano máis a prol de Uniceff

29/09/2015

A concelleira de Deporte, Noa Morales, presentou a XIV Camiñada ao Pedroso, que se celebrará este domingo 4 de outubro a partir das 10:00 horas. Estivo acompañada de Iñaki Bilbao, presidente da sección de Montaña do Club Deportivo Fontiñas, organizador da proba, e de Eva Tejo, responsable de Alianzas Corporativas en Galicia de Uniceff, organización a cuxos programas irá destinada toda a recadación por quinta edición consecutiva.

Ler máis

CONVIVENCIA

Comezan os contactos para modificar a Ordenanza Reguladora de Actividades, Instalacións e Uso da Vía Pública

29/09/2015

O Goberno local vén de poñer en marcha a maquinaria para modificar a Ordenanza Reguladora de Actividades, Instalacións e Usos da Vía Pública. Así se acordara por unanimidade no Pleno ordinario do mes de setembro, co obxectivo de "garantir os dereitos fundamentais de colectivos e entidades que organicen actividades na cidade de Santiago, tanto no relativo a facilitar a conexión eléctrica nos eventos, na regulación e devolución urxente de fianzas e garantías económicas depositadas e noutros aspectos que na...

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Cancelada a función de "Te elegiría otra vez"

29/09/2015

A promotora de Te elegiría otra vez vén de informar ao Concello que se cancela a función deste domingo 4 en Compostela por cuestións técnicas da propia compañía. Esta función ía celebrarse no Auditorio Abanca dentro do ciclo Teatro 2015. Dende a Concellaría de Acción Cultural lamentamos as posibles molestias ocasionadas con esta decisión allea a nós.

Ler máis
Compartir: