ESPAZOS CIDADÁNS

Jorge Duarte convocou os voceiros do PP, PSOE e BNG para unha primeira comisión informativa sobre infraestruturas

28/09/2015

O concelleiro de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, impulsou a primeira comisión informativa sobre infraestruturas cos voceiros do PP, Agustín Hernández; do PSdeG-PSOE, Paco Reyes e do BNG, Rubén Cela, celebrada esta mañá. A reunión durou unha hora e corenta minutos. Cada mes celebrarase unha comisión informativa sobre esta materia, sendo a de hoxe a primeira das xuntanzas.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Roderick Williams e Roger Vignoles clausuran o XVI Ciclo de Lied

28/09/2015

A XVI edición do Ciclo de Lied chega ese martes 29 de setembro ao seu fin. Faino cun concerto no que poderemos escoitar ao barítono británico Roderick Williams, acompañado ao piano por Roger Vignoles, codirector artístico do ciclo. Será no Teatro Principal a partir das 20:30 horas. As entradas teñen un prezo de 8 euros e poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal de 18:00 a 21:00 h, en entradas.abanca.com ou no 902 434 443.

Ler máis
Compartir: