ACCIÓN CULTURAL

Máis de 40 propostas de 15 países diferentes na programación do festival Wosinc

02/09/2015

A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, e o director do Wosinc, Iván Arias, presentaron en Raxoi a programación completa do festival que arrinca esta mesma noite coa estrea de Los Hongos, película do colombiano Óscar Ruiz Navia, que se proxecta por primeira vez en España grazas ao cine e distribuidor Numax, ás 20:15 horas. Comeza así unha intensa axenda de actividades relacionadas coa música, as artes escénicas, o audiovisual, o debate e a gastronomía dentro do festival Wosinc,...

Ler máis

FACENDA

O incumprimento do teito de gasto no exercicio 2014 obrigará ao Concello a aprobar un novo plan económico e financeiro

02/09/2015

A concelleira de Economía e Facenda, deu conta dalgúns dos asuntos tratados na Comisión de Facenda constituída nesta mesma xornada. Entre estas cuestións figurou a Conta Xeral 2014, que segundo indicou a edil, reflicte un incumprimento do teito de gasto fixado polo Ministerio de Facenda e Administracións Públicas para as entidades locais, superándoo máis de dous millóns de euros. Tamén explicou o informe da Intervención sobre as contas municipais a 13 de xuño, que apunta un exceso de gasto de case 10...

Ler máis
Compartir: