ACCIÓN CULTURAL

Redrum Teatro estrea "Noiteboa" no Teatro Principal de Santiago

16/09/2015

Este xoves 17, venres 18, sábado 19 e domingo 20 de setembro, o Teatro Principal de Santiago de Compostela acollerá a estrea de Noiteboa, o novo espectáculo da compañía compostelá Redrum Teatro. As funcións serán ás 20:30 horas e as entradas poden mercarse no despacho de billetes do Principal (de 18:00 a 21:00 horas, de martes a sábado e días de evento), no 902 434 443 ou en entradas.abanca.com. O prezo é de 10 euros (7 € no anfiteatro).

Ler máis

DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO

Constituída a Mesa polo Emprego, que marca coma obxectivo o deseño dun plan estratéxico para combater o desemprego na cidade

16/09/2015

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presidiron a constitución da Mesa polo Emprego de Santiago de Compostela, que reúne aos axentes sociais e económicos implicados nesta materia, como Universidade de Santiago, sindicatos, Cámara de Comercio, Plataforma polo Emprego, Asociación Hostalería Compostela e Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre.

Ler máis

CONSORCIO

Seguen os concertos nos barrios da Real Filharmonía de Galicia

16/09/2015

O Consorcio de Santiago está a promover o achegamento da Real Filharmonía de Galicia e a música clásica aos cidadáns. Con esta filosofía, durante toda esta semana estanse a celebrar concertos gratuítos en barrios significativos da cidade compostelá, ao aire libre, aínda que están previstos espazos alternativos para os días que choiva. A batuta lévaa o mestre holandés afincado en Galicia Bram Sniekers, director artístico do Conservatorio Profesional de Música de Lalín e director da...

Ler máis

MEDIO AMBIENTE

Desconvocada a folga da recollida do lixo

16/09/2015

O comité de empresa de Urbaser e a dirección da empresa chegaron esta mañá a un principio de acordo, que terá que se ratificado en asemblea, e que permite suspender a folga indefinida da recollida do lixo convocada para o próximo domingo. A decisión chega despois de varias reunións entre as partes, nas que o Goberno local exerceu como mediador.

Ler máis
Compartir: